Tree Frogs Menu

A variada rede de rutas para bicicletas de montaña no concello lucense da Pobra do Brollón, permite gozar ós deportistas dos fermosos encantos da súa natureza e das súas paisaxes.
Unha contorna variada e chea de historia configura este municipio, que vai dende os altos miradoiros da Serra da Trapa ata as lenes chairas que baixan ó Val de Lemos.
As estacións do ano van mudando as naturais cores das terras con cambios na vexetación de marabillosos contrastes.
Podes descargar o folleto aquí


A ruta BTT da Pobra do Brollón, é a porta de iniciación máis suave dos percorridos de bicicleta de montaña no noso Concello.

Partindo de San Xoán de Abrence, esta ruta BTT de Auga Levada percorre unha serra cuberta de piñeiros e regada polas augas de ríos emblemáticos ós seus pés.

A ruta BTT de Ferreirúa goza das fermosas paisaxes visibles dende a Serra da Trapa e dos agochados cursos fluviais das súas ladeiras.


A ruta BTT de Salcedo é a máis dura dos percorridos de bicicleta de montaña sinalizados no noso Concello.




Copyright © Contratas e Obras no Medio Natural s.l.u.

Rúa Silleda 3 - 1º esq. - 36209 - Vigo
info@comena.es