A ruta BTT de Ferreirúa goza das fermosas paisaxes visibles dende a Serra da Trapa e dos agochados cursos fluviais das súas ladeiras. No percorrido ascendente, o camiño vai envolto polos rumorosos piñeiros e polos altos e suaves cumios que ofrecen magníficas vistas do Courel e de Cabeza de Manzaneda. No descenso, as esquecidas corredoiras da industria do ferro dan fe da historia e dos antigos traballos que hoxe só perduran nos topónimos destas terras. As galerías das explotacións de ferro abrazan na Veneira de Roques ó ciclista, pero só para abrirlle un paso a un val de oculta fermosura como o do rego da Veneira e o río de Forgas. As abas enchidas de plantacións forestais acompañan ó deportista ata o regreso á área recreativa de Ferreirúa, sobre as augas do Picarrexo, e lévano, nun fácil descenso, novamente ata Marcón.
Ver BTT - Ruta de Ferreirúa nun mapa máis grande |
Mapa e perfil de COMENA | Track GPX | Track KMZ |
Copyright © Contratas e Obras no Medio Natural s.l.u. Rúa Silleda 3 - 1º esq.
-
36209 - Vigo |