Tree Frogs Menu

BTT A POBRA DO BROLLÓN - Ruta da Auga Levada

Partindo de San Xoán de Abrence, esta ruta BTT de Auga Levada percorre unha serra cuberta de piñeiros e regada polas augas de ríos emblemáticos ós seus pés. Dende as súas alturas, no inverno, pódese gozar das vistas sobre os nevados cumios de Manzaneda. Pero algo sempre impresionante son as paisaxes que, coma balcóns, mostran os miradoiros naturais sobre os ben afamados ríos Sil e Lor. Xunto a este último, abraia a ponte medieval e os agachados camiños ás beiras do río en Barxa de Lor. O ciclista ascenderá pola esquerda do regueiro de Barxa, nun fermoso percorrido entre vexetación atlántica e mediterránea que, unha vez pasado o rego do Pito, continuará suavemente ata Abrence.


Ver BTT - Ruta da Auga Levada nun mapa máis grande

Mapa e perfil de COMENA Track GPX Track KMZ

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player


Copyright © Contratas e Obras no Medio Natural s.l.u.

Rúa Silleda 3 - 1º esq. - 36209 - Vigo
info@comena.es