A ruta BTT de Salcedo é a máis dura dos percorridos de bicicleta de montaña sinalizados no noso Concello. Comeza suavemente gozando da panorámica sobre o val da Pobra do Brollón para internarse na Serra da Trapa ata acadar a Pena dos Catro Cabaleiros, un dos miradoiros máis coñecidos do sur de Lugo. Neste curioso lugar, únense os municipios de Folgoso do Courel, Samos, O Incio e A Pobra do Brollón. O percorrido serpea as abas do monte mentres cruza as pequenas poboacións de Penadexo, Pradelas e O Busto, lugar onde supera xa os mil metros de altitude. Gabea os camiños ata o Alto do Castro (1.307m) e comeza, xunto á Pena dos Catro Cabaleiros, un vertixinoso descenso ata a aldea de Couso. Finalmente enlaza o retorno que trae ós ciclistas ata o lugar de inicio e fin.
Ver BTT - Ruta de Salcedo nun mapa máis grande |
Mapa e perfil de COMENA | Track GPX | Track KMZ |
Copyright © Contratas e Obras no Medio Natural s.l.u. Rúa Silleda 3 - 1º esq.
-
36209 - Vigo |