A ruta BTT da Pobra do Brollón, é a porta de iniciación máis suave dos percorridos de bicicleta de montaña no noso Concello.
Discorre por unha magnífica paisaxe, de lene topografía e profusa vexetación, rodeada de pequenas poboacións adicadas á agricultura e á gandería, con mostras de arquitectura tradicional e acondicionadas ó frío clima do inverno e ó cálido sol do verán.
No circuíto pódese gozar das vistas dos cumios da Serra da Trapa e tamén do verde val que constitúen as Terras de Lemos. Logo de discorrer xunto as augas do río Cabe en Alende, o camiño retorna ata as beiras do río Saa, na Pobra do Brollón, entre o lixeiro murmurio das súas augas e os sons da tranquila vila.
Ver BTT - Ruta da Pobra do Brollón nun mapa máis grande |
Mapa e perfil de COMENA | Track GPX | Track KMZ |
Copyright © Contratas e Obras no Medio Natural s.l.u. Rúa Silleda 3 - 1º esq.
-
36209 - Vigo |